jueves, 5 de marzo de 2009

Este vai ser, esta sendo, o comezo do blog destinado á materia de Educación para a cidadanía e os dereitos humanos para o alumnado (e profesor) de segundo de educación secundaria, aula A, do instituto Antonio Fraguas, de Santiago de Compostela, en A Coruña, Galiza. No blog publicarase fotos, textos, enlaces (ou links, ondia, xa comezamos co inglés. O delegado sorrí) tipo de asunto que sexa de interés para desenvolver esta materia. Por exemplo, a ver se conseguimos o enlace da declaración dos dereitos humanos). Saudiña a tod@s @os alumn@s de segundo a. O prof.

13 comentarios:

  1. son o primeiro en comentar algo (yupi)

    ResponderEliminar
  2. A dificultade está en saber para que utilizar un blog, se non será unha perda de tempo ou algo similar. Porque imos supoñer que a min me resultaría de interés saber como vai a clase, se se aprende algo, se se está a gusto, que se podería cambiar, que temas tratar... para todo isto penso que sería máis doado facelo na clase, falar entre tod@s de como vai a clase. Quizais pode valer para colgar algunha web que nos pareza interesante. A min gustoume como trata o grupo de amnistía Catalunya o tema dos dereitos humanos. Tamén quería atopar a película de debuxos animados que comentaba cada una dos dereitos humanos da declaración de 1948 e que puxemos un xoves en audiovisuais, mais non atopo. O video titúlase Human Rights now!, pero sempre sae un concerto que dan con ese título. Ben, a ver se entre o alumnado alguén pode saber para que pode servir este blog que me diseñou o delegado na clase do xoves,

    ResponderEliminar
  3. profe encontrei o video dos dereitos humanos. está aqui:
    http://www.es.amnesty.org/60-aniversario-de-la-declaracion-universal-de-ddhh/la-dudh-en-imagenes/

    ResponderEliminar
  4. http://www.es.amnesty.org/60-aniversario-de-la-declaracion-universal-de-ddhh/la-dudh-en-imagenes/

    ResponderEliminar
  5. O problema, Tomyes, é que habería que poñer esa web dun xeito que fose máis cómodo, ao estilo da primeira ligazón de amnistía catalunya, para que dando á dirección se enlazara directamente coa páxina, do vídeo da declaración dos dereitos humanos. Con todo, non é ese o principal problema deste blog: non me imaxino para que pode valer iniciar un blog para a materia de cidadanía de segundo da eso. Se valese para poñer exames en rede, un supoñer. Por exemplo: comentario escribido ao texto de O corazón delator, de Edgar Allan Poe, ou comentario á peli de Al Gore Unha verdade incómoda. Ou, comentario de mil caracteres sobre a obra de teatro Robinson y Crusoe... Saúdos a Y. que hoxe está interesada nas webs incluídas na páxina de La Voz sobre a igualdade. Benvida a J. a esta clase que é a súa. Case todo o alumnado, durante esta clase, está ollando ese tipo de vídeos chorras que terían graza se fose un mesmo quen os fixese. Hai quen está, Y., emocionada por ter visto a unha amiga. A P^. non lle funciona internet. Ben. para a próxima mensaxe algun-ha alumn@ recomendará novelas ou películas que encaixen dalgún xeito coa materia de cidadanía. Eses son os deberes para a semana.

    ResponderEliminar
  6. gustaríame agregar un link a este blog.
    é un xerador de ambigramas (palabras que se len mirándoas tanto desde arriba coma desde abaixo)
    profe non dou posto amnistia catalunya como ti queres
    http://ambigram.matic.com/ambigram.htm

    ResponderEliminar
  7. http://www.es.amnesty.org/60-aniversario-de-la-declaracion-universal-de-ddhh/la-dudh-en-imagenes

    ResponderEliminar
  8. Todo o mundo está escribindo o seu parecer sobre a materia de cidadanía e dereitos humanos, a nova materia de segundo da Eso, sobre o que podería mellorar na clase. Polo que non poderei ler todos os comentarios. E iso é o que se dá en chamar novas tecnoloxía e a súa aplicación na aula. Un taco. Polo menos a xente se adica a ver fotos, pero xa verás como non se apuntan a ese concurso de fotografía. Ala, a outra cousa. Mira, esa foto que está mirando Pat. é moi boa, xa que consegue captar o movemento do salto. E hai outra, a da barquiña varada na praia que etá moi ben. Parece que non as fixo ela. Por aquela banda da clase L. non para de falar. Y. fala de facer coreografías e olla en internet modos de coreo. Hoxe T. está soíño.

    ResponderEliminar
  9. Outro día de informática do xoves. Unha certa perda de tempo educativo-cidadá. Parece que un vai moi detrás nisto das tics. Algúen aí á beira está con tuenti cunha música noña e tonta, outras persoas en youtube, minijuegos, máis tuenti, ensaio de coreografía M. e Y., a música esa de bailando me paso el día bailando, no paran de molestar. Estaría mellor que coreografiaran o conto do caranguexo, que bonito. O malo é que o martes quizais teñan que volver aquí por mor dun cursiño de educación para a cidadanía ao que hai que asistir ás seis do serán do martes 5. Continuarán con tuenti, mentres o profesorado da materia de segundo da Eso trata de saber máis sobre teatro e cidadanía; virá unha profe de Porto do Son a ilustrarnos no monte de Conxo. Haberá que incluír nete blog a foto do grupo que fixemos hai unhas semanas na verde pradería do insti.

    ResponderEliminar
  10. kiero dejar claro que este no es mi blog . es el de la clase de ciudaddania . OK?

    ResponderEliminar
  11. Isto, decididamente, non vai. A ver se con outros catro anos, alá polo segundo de bacharelato, incorporamos a alguén que non sexa sapristi nin tomyes

    ResponderEliminar
  12. hola, aquí estamos só dúas persoas. Vaia coa xente que me recomendaba iniciar un blog.

    ResponderEliminar
  13. Que eu ía dicindo que alá polo segundo de bacherelato quizais será interesante iniciar a alguén máis neste asunto dos blogs. O caso é que case ninguén accedeu ás webs recomendadas na páxina fotocopiada que dei ao comezo da clase. Pois, iso... orgulloso de fracaso (así sei do limpo da empresa), que dicía aquel.

    ResponderEliminar